
A QUENDA ETERNA (Coidar no fogar)
“A Quenda Eterna (Coidar no fogar)” é un libro en PDF, gratuíto, pensado para persoas que coidan a maiores no domicilio.
Aquí fálase do que pasa onde todo acontece: a noite, a medicación, a hixiene, a comida, a paciencia e o esgotamento… pero tamén os papeis, os tempos e as portas que ás veces non se abren.
Non é un manual sanitario nin substitúe profesionais: é un texto de acompañamento, para poñer palabras ao que tantas persoas viven en silencio e con culpa. Inclúe un “mapa de lectura en 1 minuto” para ir directo ao que necesitas segundo o momento.
Pódese compartir completo ou por capítulos/fragmentos literais, sempre con atribución e sen uso comercial,
baixo licenza Creative Commons CC BY-NC-ND 4.0.
Se che axuda, reenvíao a 2–3 persoas coidadoras:
pode ser o que lles faltaba hoxe.
Grazas por acompañarnos.
